Inicio
Yogur
Coñecenos
Servizo de repartos
Ferias/Eventos
Recetas
Onde atopar-nos
Contacto
Álbum de fotos
Proyección de imágenes

   Granxa Moreira é unha empresa familiar que leva máis de corenta anos producindo leite . 

   Coidamos a alimentación das nosas vacas para ofrecerlles a maior calidade do leite. Sempre  utilizamos os forraxes producidos na  propia explotación e complementamos con unha mestura de  cereais e sementes de liño, para enriquecelo en graxas omega 3 natural.

 
   En Granxa Moreira,producimos un leite de máxima calidade, o proceso de envasado consiste en que  o leite recén muxido, o arrefriamos a 3º, despois pasamos o leite a o proceso de pasteurizado,que  consiste en elevalo a unha temperatura de 75º e arrefrialo a 3º,este proceso o realiza unha  máquina da máis avanzada tecnoloxía. 
 

             

 

 

 

 VENTAXES DO LEITE FRESCO RICO EN OMEGA 3 GRANXA MOREIRA

 
 

                                   

 
 
 
 
 - Non leva conservantes nin estabilizadores.

 - Non se somete a altas temperaturas evitando así,modificar o seu sabor,o valor nutricional e tamén se evita a destrución de compoñentes necesarios para a dixestión da lactosa. Diversos estudos sosteñen, que o leite pasteurizado non produce intolerancia a lactosa devido a que mantén a vida do leite e os 
lactobacilos beneficiosos para a flora intestinal permanecen vivos.

 - Graxas naturais beneficiosas, aminoácidos e proteínas nunha forma altamente biodisponible, todo 100 % dixerible.

 - As vitaminas do grupo B permanecen inalterables fronte a outros procesos mais agresivos como o UHT que destrúe o 50%.

 - As proteínas non sofren danos e permanecen inalterables fronte a outros  procesos que son queimadas.

 - Tén máis de 60 enzimas dixestivas, os factores do crecemento, e as inmunoglobulinas (anticorpos). Estas enzimas non se destruen durante a pasteurización, o que fai que o leite pasteurizado sexa máis facil de dixerir.
 
 
 - Tamén posee fosfatasa, unha enzima que axuda e colabora na absorción do calcio nos osos, e a enzima lipasa, que axuda a hidrolizar e absorber as graxas.

 - Posee bacterias saludables que son beneficiosas para o tracto gastrointestinal.

 - E unha importante fonte de calcio.

 - Altas cantidades de graxas omega-3, mentres que as cantidades das inflamatorias grasas omega-6 son baixas.

 - O leite axuda a reducir os riscos de caries dentais.

 - Vitaminas (A, B, C, D, E, y K) en formas altamente biodisponibles. Tamen ten unha mezcla equilibrada de minerais (calcio, magnesio, fósforo e ferro) cuya absorción é estimulada polos lactobacilos vivos.

 - A pesar do mito de que o leite engorda e un alimento con un nivel baixo en calorías.

 - O leite e o seus derivados ,son unha gran variedade nutricional que está considerado un dos alimentos máis completos.

 
 Tres vasos diarios de leite aportan 800 miligramos de calcio.O seu consumo e adecuado para nenos e adultos.

 Polo seu alto contido de calcio favorece a formación de osos e axuda a previr a osteoporose.

O noso leite e rico en graxas OMEGA 3 NATURAL, devido a que alimentamos as nosas vacas con pastos naturais e fariña de liño,os ácidos grasos omega 3 axudan a controlar o colesterol.
 

 

GRANXA MOREIRA S.C. | CONTACTO 660774917  |  pedidos@granxamoreira.es